AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O ESPAZO ESCÉNICO QUE XESTIONA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO OFRECERÁ UN TOTAL DE 42 FUNCIÓNS DE TEATRO E DANZA DESDE SETEMBRO E ATA FINAIS DE ANO

A escena galega será protagonista no inicio da nova temporada do Salón Teatro

Documento anexo[07/08/2008] O Salón Teatro de Santiago inaugurará en setembro a carteleira da súa nova temporada escénica 2008-2009, que ata finais de ano ofrecerá un total de 42 funcións de teatro e danza, cunha destacada presenza do teatro feito en Galicia. Así, a programación do espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) presenta os últimos espectáculos das compañías galegas Matarile Teatro, Teatro Cachuzo, Lagarta Lagarta, Teatro do Atlántico, Galitoon, Pistacatro e Sarabela Teatro, que compartirán cartel con Kónic Thtr (Cataluña), Atra Bilis (Madrid), Teatro do Frío (Porto) e Teatro Gorakada (Euskadi) e coa nova produción do CDG, A boa persoa de Sezuán, de Bertolt Brecht baixo dirección de Nuno Cardoso.
OS ESPECTÁCULOS DA TEMPORADA 2007-2008 -'NOITE DE REIS. OU O QUE QUEIRADES', 'VALDEMULLER' E 'ESTIGMA'- SUMARON UN TOTAL DE 139 FUNCIÓNS DENTRO E FÓRA DE GALICIA

Máis de 30.100 espectadores asistiron ás tres últimas producións do CDG

[01/08/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) conclúe a súa temporada 2007-2008 confirmando o apoio do público á súa actividade de produción propia, que congregou un total de 30.142 espectadores nos seus tres últimos espectáculos: Noite de Reis. Ou o que queirades, Valdemuller e Estigma. A compañía pública ofreceu 139 funcións destas montaxes en diferentes escenarios dentro e fóra de Galicia, visitando destacados encontros escénicos como o Festival de Teatro Clásico de Almagro, o Festival Fazer a Festa de Porto e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
A VERSIÓN DA OBRA DE SHAKESPEARE ASINADA E DIRIXIDA POR QUICO CADAVAL EXHIBIRASE DO 21 AO 25 DE XULLO ÁS 21.30 HORAS (AGÁS O XOVES 24, ÁS 21.00 H)

O Centro Dramático Galego repón 'Noite de Reis' no Salón Teatro de Santiago

[17/07/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) reporá a semana que vén no Salón Teatro de Santiago a súa primeira produción da temporada, Noite de Reis. Ou o que queirades, coa que acadou un éxito con escasos precedentes na escena galega. As funcións desta versión da comedia de Shakespeare asinada e dirixida por Quico Cadaval desenvolveranse do 21 ao 25 de xullo ás 21.30 horas (agás o xoves 24, ás 21.00 h) neste escenario compostelán, no que o espectáculo xa foi representado o ano pasado colgando o cartel de non hai billetes en repetidas ocasións.
O ESPECTÁCULO QUE DIRIXE QUICO CADAVAL REGRESARÁ AO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DO 21 AO 25 DE XULLO, TRALO ÉXITO OBTIDO DURANTE A SÚA EXHIBICIÓN O ANO PASADO

O CDG leva 'Noite de Reis. Ou o que queirades' ao Festival de Almagro

[10/07/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) preséntase a partir de mañá no XXXI Festival de Teatro Clásico de Almagro con Noite de Reis. Ou o que queirades, espectáculo que a compañía pública repón neste mes de xullo tralo gran éxito de público obtido durante o seu primeiro período de distribución, de setembro de 2007 a xaneiro de 2008.
AS FUNCIÓNS CELÉBRANSE OS DÍAS 2 E 3 DE XULLO ÁS 20.30 HORAS

O CDG chega ao Teatro Colón da Coruña co seu espectáculo "Estigma"

Documento anexo[30/06/2008] O Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña acolle esta semana dúas funcións de Estigma, espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) que xurdiu do proxecto de dramaturxia residente DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo de Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática. As representacións da Coruña, que terán lugar os días 2 e 3 de xullo ás 20.30 horas, insírense dentro da xira galega que a compañía pública está a desenvolver por diferentes escenarios galegos en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 | 174 | 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal