AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO SUBE POR PRIMEIRA VEZ AOS ESCENARIOS DIRIXIDA POR XÚLIO LAGO E INTERPRETADA POR UN ELENCO DE 14 RECOÑECIDOS ACTORES E ACTRICES

O Centro Dramático Galego continúa a xira do espectáculo "As actas escuras" cunha función en Tui

Documento anexo[04/03/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta mañá venres 5 de marzo, ás 21.30 h, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
A MONTAXE COA QUE A COMPAÑÍA GALEGA CONMEMORA O SEU VIXÉSIMO QUINTO ANIVERSARIO REPRESENTARASE O XOVES 4, VENRES 5 E SÁBADO 6, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 7, ÁS 18.00

Teatro do Atlántico ofrece esta semana no Salón Teatro catro funcións de "O xogo de Yalta. Afterplay"

Documento anexo[02/03/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana O xogo de Yalta. Afterplay, a última produción de Teatro do Atlántico que reúne nun único espectáculo dúas pezas do dramaturgo irlandés Brian Friel e coa que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. Con dirección escénica de Xúlio Lago, o cuarteto interpretativo que compoñen Victoria Pérez, Damián Contreras, Gonzalo M. Uriarte e María Barcala ofrecerá catro funcións desta montaxe o xoves 4, venres 5 e sábado 6, ás 20.30 horas, e o domingo 7, ás 18.00 horas.
O ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR XÚLIO LAGO REPRESÉNTASE O VINDEIRO VENRES 26 DE FEBREIRO, ÁS 21.00 HORAS, NO TEATRO LAURO OLMO

O CDG leva "As actas escuras" de Roberto Vidal Bolaño ao Barco de Valdeorras

Documento anexo[24/02/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres 26 de febreiro, ás 21.00 h, no Teatro Lauro Olmo do Barco As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada 18 anos despois da súa escrita para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
TRALO ÉXITO OBTIDO DURANTE A SÚA EXHIBICIÓN NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO, A PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA VISITARÁ OUTROS SETE ESCENARIOS ATA PRIMEIROS DE ABRIL

O Centro Dramático Galego inicia en Narón a xira galega de "As actas escuras"

Documento anexo[18/02/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia mañá en Narón o período de distribución da súa última montaxe, As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Tralo éxito de público obtido durante a súa exhibición no Salón Teatro de Santiago, onde congregou un total de 2.593 espectadores nas 17 funcións ofrecidas, o espectáculo presentarase no Pazo da Cultura naronés (venres 19 ás 20.30 horas e sábado 20 ás 20.00 h) como primeira parada dunha xira que se estenderá ata primeiros de abril e durante a que visitará un total de sete localidades galegas.
O CDN COPRODUCE ESTE ESPECTÁCULO, DIRIXIDO POR CARLOTA SUBIRÓS A PARTIR DA OBRA DE LLUÏSA CUNILLÉ, QUE AFONDA NA COMPLEXA RELACIÓN ENTRE O PRIMEIRO E O TERCEIRO MUNDO

Teatre Lliure ofrece no Salón Teatro dúas funcións de "Après moi, le déluge" con Vicky Peña e Jordi Dauder

Documento anexo[17/02/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (sábado 20 ás 20.30 h e domingo 21 ás 18.00 h) a representación de Après moi, le déluge, unha montaxe de Teatre Lliure en coprodución co Centro Dramático Nacional que reflexiona sobre as relacións entre o primeiro e terceiro mundo. Dirixida por Carlota Subirós e interpretada polos veteranos actores Jordi Dauder e Vicky Peña, a emblemática compañía catalá pon en escena esta peza de Lluïsa Cunillé, galardoada co Premio Lletra d'Or 2008 ao mellor texto teatral editado en catalán.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 | 153 | 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal