AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

TERÁ LUGAR NO SALÓN TEATRO DO 26 AO 30 DE DECEMBRO COAS COMPAÑÍAS LIMIAR, BERROBAMBÁN, TANXARINA, TROMPICALLO E PANAMESIANA

O CDG organiza unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal

[04/12/2010] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá do 26 ao 30 de decembro unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, na que cinco compañías, todas elas galegas, escenificarán os seus últimos espectáculos especialmente deseñados para público familiar. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), participarán no ciclo Limiar Teatro, Berrobambán, Tanxarina Títeres, Títeres Trompicallo e Panamesiana Teatro coas súas distintas propostas de teatro actor, clown ou monicreques.
UN TOTAL DE 21 CENTROS DE ENSINO, A MEIRANDE PARTE DELES INSTITUTOS DE BACHARELATO, PARTICIPAN ATA O 16 DE DECEMBRO NESTA CAMPAÑA

Máis de 1.200 alumnos de toda Galicia asistirán no Salón Teatro ás funcións escolares do espectáculo do CDG "Salomé"

Documento anexo[01/12/2010] Máis de 1.200 alumnos dun total de 21 centros de ensino de toda Galicia asistirán ás funcións escolares que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrece no Salón Teatro coa súa última produción, Salomé, realizada a partir da obra de Oscar Wilde baixo a dirección de Carlos Santiago. O novo espectáculo da compañía pública permancerá neste escenario compostelán ata o domingo 19 de decembro, con cinco funcións semanais (mércores e xoves para estudantes -agás o 8 de decembro-, e venres, sábados e domingos para o público xeral).
OS ACTORES PEPE PENABADE, MARÍA MERA E MARÍA SALGUEIRO PROTAGONIZARÁN UNHA ACCIÓN ESCÉNICA PREVIA Á PORTA DA SEDE DO CDG

Personalidades da cultura e da escena galega encherán mañá o Salón Teatro para a estrea de "Salomé"

[25/11/2010] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá venres 26 de novembro, ás 21.00 horas, a estrea da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), Salomé, de Óscar Wilde, baixo a dirección de Carlos Santiago. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela asistirá a esta primeira función do espectáculo que abre a xestión de Blanca Cendán á fronte da compañía pública, e para a que se prevé un patio de butacas cun cheo absoluto de espectadores.
ROBERTO VARELA PRESENTOU HOXE A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA, QUE SERÁ ESTREADA O VENRES 26 ÁS 21.00 H NO SALÓN TEATRO

O Centro Dramático Galego ofrece unha ollada contemporánea da "Salomé" de Oscar Wilde baixo a dirección de Carlos Santiago

Documento anexo[23/11/2010] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou hoxe no Salón Teatro de Santiago o espectáculo Salomé, nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) realizada a partir da obra de Oscar Wilde con dirección de Carlos Santiago, que será estreada o vindeiro venres día 26, ás 21.00 horas, neste mesmo escenario. Segundo sinalou Roberto Varela, a posta en escena ideada polo director galego achéganos unha "moi especial" revisión da traxedia escrita polo gran dramaturgo irlandés, dando boa conta do "mellor que o teatro galego pode ofrecer".
A "PERFORMANCE" DO CANDIDATO HERODES ANTIPAS DESVELA A ORIXE DA CAMPAÑA DO PARTIDO BONANZA E PROGRESO DE GALILEA COMO ACCIÓN PROMOCIONAL DESTA NOVA MONTAXE

O CDG desenvolve unha "pegada electoral" previa á estrea do seu espectáculo "Salomé"

Documento anexo[18/11/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolveu esta mañá unha acción escénica diante do Salón Teatro de Santiago como parte da campaña promocional de Salomé, o novo espectáculo que a compañía pública estreará o 26 de novembro baixo a dirección de Carlos Santiago. A intervención estivo protagonizada por un dos personaxes desta versión da obra de Oscar Wilde, o candidato Herodes Antipas interpretado polo actor Pepe Penabade, quen levou a cabo a primeira pegada de carteis da montaxe.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 | 141 | 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal