AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

CELSO PARADA ASUME DE NOVO A DIRECCIÓN ESCÉNICA DESTE ESPECTÁCULO, QUE A COMPAÑÍA GALEGA VOLVE LEVAR AOS ESCENARIOS DEZ ANOS DESPOIS DA SÚA ESTREA

O Salón Teatro ofrece a versión de "Os vellos non deben de namorarse" recuperada por Teatro do Morcego

[09/03/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle este venres día 11 un único pase de Os vellos non deben de namorarse, versión da emblemática obra de Castelao asinada pola compañía galega Teatro do Morcego, que recupera este espectáculo para os escenarios dez anos despois da súa estrea. A función no espazo que xestiona o Centro Dramático Galego dará comezo ás 20.30 horas.
TERÁN LUGAR O SÁBADO 12 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 13 ÁS 19.00 HORAS

O Teatro Principal de Ourense acolle dúas funcións do espectáculo "Salomé" do Centro Dramático Galego

Documento anexo[09/03/2011] O espectáculo do Centro Dramático Galego Salomé, dirixido por Carlos Santiago, chega esta fin de semana a Ourense para ofrecer dúas funcións no Teatro Principal que terán lugar o sábado 12, ás 20.30 horas, e o domingo 13, ás 19.00 h. A compañía pública entra así na recta final da xira que desenvolve dende xaneiro con esta adaptación da coñecida obra de Oscar Wilde, a través da que ofrece unha lectura máis política e actual do episodio bíblico recreado polo gran dramaturgo irlandés.
O CDG RESOLVEU UN PROCESO DE AUDICIÓNS NO QUE UN TRIBUNAL VALOROU A 90 CANDIDATOS/AS

Seleccionado o elenco que interpretará xunto a Luis Tosar "A ópera dos tres reás"

[07/03/2011] Un elenco integrado nos papeis femininos por Begoña Santalices, Muriel Sánchez, Alba Mesa, Mónica Iglesias e Marta Pazos; e nos masculinos por Marcos Orsi, César Goldi, Francisco Pérez "Narf", Sergio Zearreta e Víctor L. Mosqueira será o que interprete xunto a Luis Tosar a vindeira produción do Centro Dramático Galego (CDG), A ópera dos tres reás. As actrices e actores seleccionados, que superaron un procedemento de audición pública, actuarán e cantarán neste musical de gran formato sobre a obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill que se estreará o vindeiro mes de xuño en Santiago de Compostela.
CARLOS SANTIAGO DIRIXE ESTA VERSIÓN DA OBRA DE OSCAR WILDE, NA QUE A ACCIÓN SE SITÚA NUN CONTEXTO ACTUAL PARA OFRECER UNHA LECTURA MÁIS SATÍRICA E POLÍTICA

O Centro Dramático Galego leva "Salomé" á Coruña cunha función no Teatro Rosalía

Documento anexo[03/03/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) continúa na Coruña a xira do seu espectáculo Salomé, adaptación da obra de Oscar Wilde dirixida por Carlos Santiago. O Teatro Rosalía Castro ofrecerá mañá venres 4, ás 20.30 horas, un único pase desta montaxe a través da que a compañía pública traslada a acción a un contexto actual para ofrecer unha lectura máis política e actual do texto do gran dramaturgo irlandés.
TRÁTASE DUN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN E LABORATORIO TEATRAL SOBRE A CÉLEBRE TRAXEDIA DE WILLIAM SHAKESPEARE CON TEXTOS ADAPTADOS POR ALFREDO CONDE

O actor Alfredo Padilla estrea no Salón Teatro unha versión moderna e actual de "Hamlet" dirixida por Jorge Rey

Documento anexo[02/03/2011] A compañía Ainternacional estrea esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela a súa última produción, Hamlet, un traballo de investigación e laboratorio teatral sobre a célebre traxedia de William Shakespeare. Alfredo Padilla, actor especializado en teatro shakesperiano pola Royal Academy of Dramatic Art (RADA) de Londres, personifica nesta renovada versión a un príncipe de Dinamarca moderno e actual, cuxa loita interior entre o "ser ou non ser" poderá verse este sábado 5 ás 20.30 horas e domingo 6 ás 18.00, dentro da programación do Centro Dramático Galego (CDG) para o Salón Teatro.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 | 135 | 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal