AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

COAS FUNCIÓNS QUE OFRECERÁ O VENRES 11 E O SÁBADO 12, A FORMACIÓN REGRESA AO MESMO ESCENARIO NO QUE ULTIMOU A ESTREA DESTA PEZA A TRAVÉS DUNHA RESIDENCIA

Licenciada Sotelo e Compañia presenta no Salón Teatro "Usted está aquí", o seu novo espectáculo de teatro e danza

Documento anexo[08/02/2012] A formación Licenciada Sotelo e Compañía, liderada pola bailarina Nuria Sotelo, trae ao Salón Teatro de Santiago o seu espectáculo Usted está aquí, no que a artista forma parella de baile con Natxo Montero baixo a dirección de Ana Vallés. A montaxe, que se representa este venres 10 e o sábado 11 ás 20.30 horas, está formulada como unha unión de baile e teatro que busca a suxestión como forma de comunicación co público.
DE ENTRADA GRATUÍTA ATA COMPLETAR O AFORO, O PASE TERÁ LUGAR MAÑÁ ÁS 20.30 HORAS DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO ESPAZO ESCÉNICO QUE XESTIONA EN SANTIAGO O CDG

A realizadora galega Sonia Méndez estrea no Salón Teatro a curta "Conversa cunha muller morta" interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa

Documento anexo[07/02/2012] A programación de 2012 do Salón Teatro de Santiago ábrese ao audiovisual galego coa estrea mañá mércores 8, ás 20.30 horas, da curtametraxe Conversa cunha muller morta, escrita e dirixida pola realizadora galega Sonia Méndez e interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa. A fita conta cunha achega económica da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por un importe de 4.900 euros, adxudicada a través da convocatoria 2011 de subvencións ao desenvolvemento e promoción do talento galego audiovisual galego, no marco da que se apoiaron 18 proxectos de novos creadores cun total de 149.992 euros.
A MONTAXE, CON DIRECCIÓN E DRAMATURXIA DE ROBERTO SALGUEIRO, PODERÁ VERSE O VENRES 3 E O SÁBADO 4 ÁS 20.30 HORAS

Talía remata a súa estadía no Salón Teatro con dúas funcións de "Volpone", unha fábula sobre a avaricia e a luxuria

Documento anexo[01/02/2012] A compañía Talía ofrece no Salón Teatro de Santiago dúas funcións de Volpone ou comedia de Mosca, que terán lugar o venres 3 mailo sábado 4 ás 20.30 horas. Realizada baixo a dramaturxia e dirección escénica de Roberto Salgueiro a partir do clásico do dramaturgo británico Ben Jonson, a peza constitúe unha mordaz sátira da debilidade humana e de ata onde nos poden facer chegar as ansias por acumular beneficios e poder. Con estas dúas representacións, o grupo de Cee terá rematado a súa presenza dentro da programación do espazo do Centro Dramático Galego, xa que na última semana desenvolveu outras sete funcións para escolares e dúas para público xeral da súa última produción, Pelos na lingua.
A PRIMEIRA PROPOSTA É "PELOS NA LINGUA", CON DÚAS REPRESENTACIÓNS (SÁBADO 28 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 29, ÁS 18.00) E SETE PASES MATINAIS ATA DO LUNS 30 AO XOVES DÍA 2

A compañía Talía ocupa dúas semanas o Salón Teatro con 11 funcións escolares e xerais dos seus dous últimos espectáculos

Documento anexo[26/01/2012] A compañía Talía Teatro instalarase durante dúas semanas no Salón Teatro de Santiago para ofrecer 11 funcións de dous dos seus últimos espectáculos. Así, do 28 de xaneiro ao 2 de febreiro o grupo de Cee representará Pelos na lingua, unha comedia que fala dos usos e abusos que sofre o idioma galego, en tanto que o venres 3 e o sábado 4 escenificará Volpone. Ou comedia de Mosca, unha fábula que xira arredor da avaricia e da luxuria humanas.
A ACTUAL EDICIÓN, CON 51 ORIXINAIS RECIBIDOS, CONVÉRTESE NA MÁIS CONCORRIDA EN TODA A HISTORIA DO CERTAME

Evaristo Calvo dirixirá as dramatizacións das obras finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

[23/01/2012] O actor e director Evaristo Calvo dirixirá as dramatizacións das obras que resulten finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o Centro Dramático Galego (CDG) co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O certame pechou o pasado día 15 de xaneiro o prazo de presentación de traballos cun total de 51 orixinais recibidos, cifra que converte esta edición na máis concorrida da súa historia.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 | 121 | 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal