AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O ESPAZO QUE XESTIONA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO ACOLLE DÚAS REPRESENTACIÓNS DESTA MONTAXE O VENRES 1 E O SÁBADO 2 ÁS 20.30 HORAS

A Consellería de Cultura e Educación abre a carteleira de xuño do Salón Teatro con 'Área de descanso' do dúo Gayo Pinheiro

Documento anexo[30/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrecerá durante o mes de xuño no Salón Teatro de Santiago unha carteleira teatral e musical na que se insiren as propostas de seis formacións artísticas e que dá comezo este venres 1 e o sábado 2, ás 20.30 horas, coa posta en escena de Área de descanso, o primeiro espectáculo do dúo Gayo Pinheiro.
AS REPRESENTACIÓNS QUE SE OFRECEN NESTE ESPAZO COMPOSTELÁN DESDE HOXE E ATA O MÉRCORES DÍA 30 SON DE ENTRADA GRATUÍTA, PREVIO PASO POLO DESPACHO DE BILLETES

O Salón Teatro de Santiago acolle 10 funcións da XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Documento anexo[21/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora na celebración da décimo terceira edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia a través da cesión do Salón Teatro de Santiago para acoller as 10 representacións que se desenvolverán desde hoxe e ata o mércores 30 de maio como parte desta programación, organizada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
INSERIDO NA CARTELEIRA DO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO, O SEU "BATALLÓN LITERARIO" SAIRÁ ÁS 12.00 HORAS DESDE O ESPAZO ESCÉNICO QUE XESTIONA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

A Consellería de Cultura e Educación suma o CDG á celebración do Día das Letras Galegas coa 'Ronda poética' da Compañía Femme Fatale

Documento anexo[16/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suma ao programa xeral de actividades que está a desenvolver no marco da celebración do Día das Letras Galegas 2012 a Ronda poética que a Compañía Femme Fatale despregará mañá, xoves 17 de maio, polas rúas do casco antigo de Santiago.
MANUEL GUEDE OLIVA INICIA UNHA NOVA ETAPA DO CDG COA ESTREA O VINDEIRO 5 DE OUTUBRO DE "O PROFESIONAL", EN COPRODUCIÓN COA COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA

Cultura e Educación presenta a nova montaxe do Centro Dramático Galego e reforza o seu diálogo co sector teatral

Documento anexo[15/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou esta mañá a próxima montaxe do Centro Dramático Galego (CDG), que se enmarca na aposta polo funcionamento da compañía pública como unidade de produción de espectáculos. Trátase da obra O profesional, que se estreará o vindeiro 5 de outubro no Salón Teatro e que se realizará en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga.
EN COLABORACIÓN COA RADIO GALEGA E CON PRODUCIÓN DO CDG, O ACTO CELÉBRASE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO O MARTES 15 ÁS 20.00 H BAIXO O XA TRADICIONAL FORMATO DE ESPAZO RADIOESCÉNICO

Cultura e Educación organiza a gala de entrega do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico con dirección artística de Evaristo Calvo

[13/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Radio Galega organizan o acto de entrega do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que terá lugar no Salón Teatro de Santiago o vindeiro martes 15 de maio ás 20.00 horas. O Centro Dramático Galego (CDG) encárgase da produción da gala, baixo a dirección artística de Evaristo Calvo, na que Eva F. Ferreira recollerá o premio do xurado pola obra Poema sinestésico para tres voces e un can e Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, o da audiencia por Intercom-baby.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 | 117 | 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal