AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

CLARA PINO, RUBÉN ABEL E ROI ADRIO INTERPRETARÁN NO SALÓN TEATRO OS TEMAS DO SEU PRIMEIRO DISCO CONXUNTO, EDITADO POR SONS GALIZA MÚSICA

O trío Loaira pecha este xoves a cuarta edición do ciclo de concertos ST Música Presente

Documento anexo[12/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este xoves 14, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago o último concerto da cuarta entrega do ciclo ST Música Presente, que pecha o trío Loaira cun directo no que soarán os temas do seu debut discográfico homónimo.
JOSÉ LUIS PRIETO REPITE COMO AUTOR E DIRECTOR NESTA SEGUNDA PROPOSTA DA FORMACIÓN COMPOSTELÁ, QUE SE REPRESENTA DO VENRES 8 AO DOMINGO 10 COINCIDINDO CO INICIO DA EUROCOPA

O Salón Teatro acolle tres funcións da compañía Obras Públicas coa comedia musical "O fútbol é así"

Documento anexo[06/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago tres funcións da comedia musical O fútbol é así, segunda produción da compañía Obras Públicas que poderá verse na sede do Centro Dramático Galego o venres 8 de xuño e o sábado 9, ás 20.30 horas, e o domingo 10, ás 18.00 h.
FAN ESCALA O XOVES 7 EN SANTIAGO ANTES DE VIAXAR A SÃO PAULO PARA PRESENTAR EN DIRECTO OS TEMAS DE "ACRÓBATA", O SEU PRIMEIRO DISCO CONXUNTO

Continúa no Salón Teatro o ciclo ST Música Presente cun concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins

Documento anexo[05/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa este xoves 7, ás 21.00 horas, no Salón Teatro un novo concerto do ciclo ST Música Presente, no que a galega Ugia Pedreira e o brasileiro Fred Martins ofrecerán en directo os temas de Acrobata, o seu primeiro traballo discográfico conxunto. Os artistas regresan a Galicia nunha escala da xira internacional dentro da que veñen de actuar en Oxford, Londres e Bruxelas para, a continuación, poñer rumbo cara a São Paulo coa súa persoal interpretación do achegamento entre as músicas populares de Galicia e Portugal.
A FORMACIÓN DE SÃO PAULO REPRESENTA UN MOSAICO DE 24 HISTORIAS CURTAS, FRAGMENTADAS E ENTRELAZADAS, QUE FALAN DA VIDA NA METRÓPOLE A TRAVÉS DUNHA TRINTENA DE PERSONAXES DE DIVERSAS ORIXES

O Salón Teatro ofrece mañá a única función en España da brasileira Companhia do Feijão co espectáculo "Mire veja"

Documento anexo[04/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta mañá martes 5, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela o espectáculo
Mire veja da Companhia do Feijão, na que será a única representación en España desta recoñecida formación procedente da cidade brasileira de São Paulo.
O ESPAZO QUE XESTIONA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO ACOLLE DÚAS REPRESENTACIÓNS DESTA MONTAXE O VENRES 1 E O SÁBADO 2 ÁS 20.30 HORAS

A Consellería de Cultura e Educación abre a carteleira de xuño do Salón Teatro con 'Área de descanso' do dúo Gayo Pinheiro

Documento anexo[30/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrecerá durante o mes de xuño no Salón Teatro de Santiago unha carteleira teatral e musical na que se insiren as propostas de seis formacións artísticas e que dá comezo este venres 1 e o sábado 2, ás 20.30 horas, coa posta en escena de Área de descanso, o primeiro espectáculo do dúo Gayo Pinheiro.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 | 116 | 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal