AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A MONTAXE PODERÁ VERSE ATA O 21 DE OUTUBRO EN SANTIAGO, ONDE OFRECERÁ 9 FUNCIÓNS XERAIS E 4 ESCOLARES, PARA VISITAR DESPOIS OUTROS 11 TEATROS GALEGOS E PORTUGUESES

Cultura e Educación estrea 'O profesional' este venres no Salón Teatro como primeira produción da nova temporada do Centro Dramático Galego

Documento anexo[03/10/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea este venres día 5 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago o espectáculo O profesional, primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic que sinala, ademais, o inicio da temporada 2012-2013 da compañía pública. O seu responsable, Manuel Guede Oliva, dirixe esta nova proposta, que poñen en escena catro recoñecidos intérpretes galegos -Ernesto Chao, Miguel Pernas, Rebeca Montero e Rodrigo Roel- e para a que se conta coa colaboración da Companhia de Teatro de Braga como entidade coprodutora.
ESTÁ EN MARCHA A CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE PÚBLICO ESCOLAR CUN CADERNO PEDAGÓXICO DIXITAL E PASES PREVIOS DESTINADOS A PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO

O Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura e Educación ultima os ensaios cara á estrea de "O profesional"

Documento anexo[28/09/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ultima estes días os ensaios do equipo técnico e artístico dedicado á produción de O profesional. O espectáculo, versión galega da obra de Dusan Kovacevic baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, abrirá a temporada 2012-13 da compañía pública o próximo venres 5 de outubro coa súa estrea no Salón Teatro de Santiago.
PRETENDE FOMENTAR A ACTITUDE PARTICIPATIVA DO PÚBLICO TEATRAL MEDIANTE A VALORACIÓN DAS SÚAS SUXESTIÓNS

A Consellería de Cultura e Educación institúe a través do CDG o 'Premio Roberto Vidal Bolaño ao Espectador'

[26/09/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria instituíu a través do Centro Dramático Galego (CDG) o 'Premio Roberto Vidal Bolaño ao Espectador' como iniciativa destinada a fomentar a actitude participativa entre o público teatral. O novo galardón, de carácter anual e vinculado á temporada de exhibición do Salón Teatro, publicou a súa primeira convocatoria co obxectivo de recoñecer as achegas dos asistentes aos espectáculos programados no espazo escénico compostelán sede do CDG.
MIGUEL PERNAS, ERNESTO CHAO, RODRIGO ROEL E REBECA MONTERO DARÁN VIDA AOS PERSONAXES DA OBRA DE DUSAN KOVACEVIC, BAIXO A DIRECCIÓN DE MANUEL GUEDE OLIVA

Cultura e Educación abre a nova temporada do Centro Dramático Galego co inicio dos ensaios de "O profesional"

[04/09/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre a temporada teatral 2012-2013 do Centro Dramático Galego co inicio dos ensaios do espectáculo O profesional cara á súa estrea o 5 de outubro no Salón Teatro de Santiago. Baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, un elenco integrado por catro destacados nomes da escena galega -Miguel Pernas, Ernesto Chao, Rodrigo Roel e Rebeca Montero- traballa xa na construción e interpretación dos personaxes da obra de Dusan Kovacevic (na imaxe), dramaturgo e director de orixe serbia e unha das grandes figuras contemporáneas da escrita dramática europea.
COMPAÑÍAS TEATRAIS E DE DANZA, PRODUTORAS AUDIOVISUAIS, CENTROS DE ENSINO, FUNDACIÓNS E ASOCIACIÓNS ATÓPANSE ENTRE AS ENTIDADES QUE RECIBIRON APOIO NO MARCO DESTE SERVIZO DURANTE O PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO

A Consellería de Cultura e Educación colaborou cunha trintena de proxectos culturais a través da cesión de espazos e materiais do CDG

[06/08/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou durante o primeiro semestre do ano máis de trinta proxectos culturais galegos, a meirande parte deles escénicos e audiovisuais, a través do servizo gratuíto de cesión de espazos e de materiais que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG). O departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad busca impulsar esta liña de colaboración coa comunidade artística, de xeito que a optimización dos recursos públicos reverta directamente na redución dos custos de produción de eventos e espectáculos promovidos por empresas culturais, asociacións profesionais e fundacións, entre outras entidades.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 | 114 | 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal