AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

PRETO DE 40 ALUMNOS DA ESAD PARTICIPARON NOS PERCORRIDOS GUIADOS POLO ESPAZO ESCÉNICO QUE XESTIONA O CDG PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E O SEU FUNCIONAMENTO TÉCNICO

Cultura e Educación impulsa o programa de visitas didácticas ao Salón Teatro de Santiago

[20/11/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar o programa de visitas didácticas e guiadas ao Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), no que participaron xa preto de 40 estudantes da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia.
O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO E A CENA LUSÓFONA PROMOVEN ESTAS XORNADAS, QUE SE CELEBRAN DO 30 DE NOVEMBRO AO 3 DE DECEMBRO

A Consellería de Cultura e Educación desenvolverá no Gaiás o III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio en Artes Escénicas

Documento anexo[16/11/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a celebración do III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas, que terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro na Cidade da Cultura de Galicia coa participación de máis de 50 profesionais de Galicia e dos oito países da lusofonía (Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor-Leste).
REPRESÉNTASE MAÑÁ E O VENRES NO TEATRO DA CERCA DE SÃO BERNARDO DE COIMBRA E O DÍA 13 NO THEATRO CIRCO, SEDE DA COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA, COPRODUTORA DO ESPECTÁCULO

A Consellería de Cultura e Educación difunde o teatro galego en Portugal con tres funcións de "O profesional" en Coimbra e Braga

Documento anexo[07/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria viaxa esta semana a Portugal co seu último espectáculo, O profesional, que será representado mañá xoves 8 e o venres 9 no Teatro da Cerca de São Bernardo de Coimbra e o martes 13 no Theatro Circo de Braga. A inclusión destes dous espazos nesta xira enmárcase na liña de promoción e colaboración que a compañía pública galega mantén con diferentes entidades portuguesas na procura de acadar unha relación normalizada e sistemática entre as escenas de ambos países.
O ESPAZO COMPOSTELÁN ACOLLERÁ TRES FUNCIÓNS DESTA PROPOSTA DO MÉRCORES 7 AO VENRES 9, ÁS 20.30 HORAS

Cultura e Educación presenta no Salón Teatro o último espectáculo do Centro Coreográfico Galego con pezas de Nacho Duato, Amaury Lebrun e Mercedes Suárez

Documento anexo[05/11/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta esta semana no Salón Teatro de Santiago a última produción do Centro Coreográfico Galego que, baixo o título conxunto de AÍNDA, reúne no programa as pezas Jardí Tancat, de Nacho Duato, e Aínda, creada por Mercedes Suárez e Amaury Lebrun.
A MONTAXE PODERÁ VERSE O SÁBADO 3 ÁS 20:30 E O DOMINGO 4 ÁS 19:00 H

A Consellería de Cultura e Educación leva a Ourense o espectáculo do Centro Dramático Galego 'O profesional'

Documento anexo[31/10/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva esta fin de semana ao Teatro Principal de Ourense o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) O profesional, que ofrecerá dúas funcións o sábado día 3 (20:30 h) e o domingo 4 (19:00 h), como parte da xira que a compañía pública está a realizar con esta montaxe por distintas localidades galegas e portuguesas.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 | 112 | 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal