AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O CONSELLEIRO DE CULTURA E O DIRECTOR DO EVENTO AVANZAN A PROGRAMACIÓN DE ARTES ESCÉNICAS GALEGAS QUE PRESENTARÁ A XUNTA

Galicia, comunidade convidada de honra no 45 Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

[22/04/2022] Galicia será a comunidade autónoma convidada de honra na 45 edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro (Ciudad Real), segundo anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha rolda de prensa na que tamén participaron o director do evento, Ignacio García; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o director do Centro Dramático Galego (CDG), Fran Núñez, e o presidente da asociación Escena Galega, Santiago Cortegoso.
OS CATRO CONCELLOS, ASÍ COMO A ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA E O IES AUDIOVISUAL DE VIGO, SÚMANSE Á INICIATIVA PARA ACHEGARLLE O TEATRO Á CIDADANÍA DE TODO O TERRITORIO GALEGO

Veciñanza de Malpica, Miño, Rianxo e Sobrado verá 'Às oito da tarde, cando morren as nais' en Santiago co programa de mobilidade do Centro Dramático Galego

[20/04/2022] Veciñanza de Malpica de Bergantiños, Miño, Rianxo e Sobrado desprazarase ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para ver a última produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', a través do programa de mobilidade promovido pola unidade teatral da Xunta. A iniciativa, á que tamén se sumaron a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e o IES Audiovisual de Vigo, ten como obxectivo facilitarlle á cidadanía de todo o territorio galego o achegamento ao teatro e ao espazo escénico compostelán.
O SALÓN TEATRO ACOLLE ESTE XOVES A FUNCIÓN INAUGURAL DA MONTAXE, EN CARTEL ATA O 1 DE MAIO

A Xunta estrea no Centro Dramático Galego 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' con dirección e dramaturxia de Marta Pazos

Documento anexo[12/04/2022] O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade presentou hoxe a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', con dirección e dramaturxia de Marta Pazos e cuxa estrea será este xoves no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco.
ARRANCA A CONVOCATORIA DA SEGUNDA EDICIÓN COA FASE DE DRAMATURXIA

A Xunta celebra co sector o Día Mundial do Teatro e o lanzamento da nova Bolsa de dramaturxia e creación

[27/03/2022] A Xunta celebrou hoxe o Día Mundial do Teatro nun acto que reuniu o sector para premiar os gañadores da primeira edición da Bolsa de dramaturxia e creación e anunciar a nova convocatoria da iniciativa, impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) en colaboración con diversos colectivos do ámbito teatral e cultural. No evento, desenvolvido no exterior do Salón Teatro de Santiago, participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o director do CDG, Fran Núñez. Interveu tamén Zé Paredes en representación de DramaturGA.
O DIRECTOR DA AGADIC MANTIVO UN ENCONTRO CON MARTA PAZOS, RESPONSABLE DA DIRECCIÓN E DA DRAMATURXIA

O Centro Dramático Galego encara os ensaios finais da súa nova produción 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' para a súa estrea o 14 de abril

[21/03/2022] O escenario do Salón Teatro de Santiago acolle desde hoxe os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Ás oito da tarde, cando morren as nais'. Con este motivo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, mantivo un encontro con Marta Pazos, directora e dramaturga, e con demais membros do equipo da peza que está a preparar a unidade teatral da Xunta para a súa estrea no espazo compostelán o 14 de abril, onde permanecerá ata o 1 de maio. As entradas están xa á venda na web ataquilla.com.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 | 12 | 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal