Novas
O SALÓNN TEATRO ACOLLERÁ "FÍOS", DA COMPAÑÍA BAOBAB, E OFRECERÁ TAMÉN NOS SEUS EXTERIORES "OS NARIGUDOS", DE TANXARINA
[20/07/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove unha tarde de lecer para o público infantil co teatro como protagonista. No marco da programación cultural das Festas do Apóstolo 2013 da capital de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais colaboran co Concello de Santiago de Compostela para ofrecerlles ás nenas e nenos a obra de títeres
Os Narigudos, de Tanxarina Teatro, e o espectáculo familiar
Fíos, da compañía Baobab, que se representarán o martes 23 de xullo.
ESTÁ PRODUCIDA POR FIRMIST ANIMACIÓN CON DIRECCIÓN DE IVÁN FERNÁNDEZ E GUIÓN DE JOSÉ RAMÓN PUENTE
[02/07/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este xoves 4 de xullo ás 21:00 horas a estrea da curta de animación Cousas de meigas, producida pola empresa galega Firmist Animación, con dirección de Iván Fernández e guión de José Ramón Puente.
PRESENTARÁ 12 TEMAS INÉDITOS E REPASARÁ OS SEUS DOUS TRABALLOS ANTERIORES ACOMPAÑADO DUNHA BANDA DE RECOÑECIDOS MÚSICOS E DE VARIOS ARTISTAS CONVIDADOS
[26/06/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será o escenario este venres 28, ás 21.00 horas, do concerto "Xosé Constenla ao vivo", durante o que o cantautor compostelán gravará en directo o seu novo traballo discográfico. Con este recital culmina, ademais, a xira que vén desenvolvendo desde primeiros de ano xunto ao pianista Javier Constenla e durante a que actuou noutros 18 espazos de toda Galicia.
O ESPECTÁCULO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO PECHARÁ A SÚA XIRA MAÑÁ NO THEATRO CIRCO DE BRAGA TRAS TER OFRECIDO UN TOTAL DE 38 FUNCIÓNS EN 12 ESCENARIOS
[20/06/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a proxección da figura de Roberto Vidal Bolaño en Portugal a través do Centro Dramático Galego (CDG), que actúa mañá venres no Theatro Circo de Braga co espectáculo
Días sen gloria, e da súa participación na mesa redonda
Sonhando um teatro do aqui, que terá lugar na tarde de hoxe nesta mesma cidade.
CARLOS VILA, RUBÉN RIÓS, SUSANA CAAMAÑO E JORGE TABOADA INTERPRETAN UNHA ARREPIANTE HISTORIA INSPIRADA NO CASO REAL DO CANÍBAL DE ROTEMBURGO
[20/06/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa mañá venres, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela a preestrea da curtametraxe de terror
La carne cruda, primeira fita producida pola empresa galega Visual Think Films. Samuel Lema é o director e guionista desta arrepiante historia, interpretada por Carlos Villa, Rubén Riós, Susana Caamaño e Jorge Taboada.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
| 98 |
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
| Seguintes