AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A MONTAXE ESTÁ DIRIXIDA POR ROBERTO SALGUEIRO E INTERPRETADA POR MARCOS MONTIEL, ALBA LÓPEZ, CARLOS HERMIDA, ALDARA CIDRÁS E MIGUEL GENDRE

O Salón Teatro acolle mañá a estrea de 'Apnea. (Variación 2ª)', a cargo da Aula de Teatro da Universidade de Santiago

Documento anexo[16/12/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle mañá martes 17 ás 21:00 horas a estrea de ‘Apnea. (Variación 2ª)’, a última montaxe escénica da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que dirixe Roberto Salgueiro.
TEATRO DO AQUÍ CELEBRA A FIN DE XIRA DESTE ESPECTÁCULO, REALIZADO EN COPRODUCIÓN CO CDG, DESDE MAÑÁ XOVES 12 ATA O DOMINGO 15

As 'Criaturas' de Roberto Vidal Bolaño despídense do público con catro funcións no Salón Teatro

[11/12/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa esta semana no Salón Teatro de Santiago as catro últimas funcións de ‘Criaturas’, obra de Roberto Vidal Bolaño que regresou este ano aos escenarios da man de Teatro do Aquí e en coprodución co Centro Dramático Galego. A compañía na que o autor ao que se lle dedicou este ano o Día das Letras desenvolveu a última parte da súa traxectoria profesional finaliza en Santiago o percorrido deste espectáculo, co que durante os últimos oito meses homenaxeou por toda Galicia ao seu fundador e director.
A MOSTRA ORGANIZADA POR FEGATEA CONTA CO APOIO DA CONSELLERÍA DE CULTURA

O Salón Teatro e o Teatro Principal acollen as seis representacións do XII Festival de Teatro Amador Agustín Magán

[03/12/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia o XII Festival de Teatro Amador Agustín Magán, que se desenvolve en Santiago de Compostela entre os próximos días 5 e 8 de decembro cunha carteleira de seis espectáculos a cargo doutras tantas compañías de escena de ámbito afeccionado procedentes de distintos puntos da xeografía galega.
A MONTAXE PRODUCIDA POR ABRAPALABRA CREACIÓNS ESCÉNICAS REPRESÉNTASE NA SEDE DO CDG ESTE SÁBADO 30 DE NOVEMBRO ÁS 20.30 H E O DOMINGO 1 DE DECEMBRO ÁS 18.00 H

Cándido Pazó celebra no Salón Teatro a función número 100 do espectáculo 'Memoria das memorias dun neno labrego'

[28/11/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa esta fin de semana no Salón Teatro dúas funcións extraordinarias do espectáculo de Cándido Pazó ‘Memoria das memorias dun neno labrego’, que celebra aquí o centenar de representacións desta adaptación teatral da famosa novela de Xosé Neira Vilas. Estas representacións especiais terán lugar o sábado 30 de novembro ás 20.30 horas e o domingo 1 de decembro ás 18.00 h.
INMA LÓPEZ SILVA CONDUCE ESTE MÉRCORES A SESIÓN ARREDOR DE ‘RASTROS’, MENTRES QUE XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ CASTRO ANALIZARÁ O XOVES ‘CAPRICE DES DIEUX’

O ciclo audiovisual Vidal Bolaño Recuperado remata no Salón Teatro lembrando as postas en escena de 'Rastros’ e ‘Caprice des dieux’

[25/11/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pecha no Salón Teatro de Santiago o ciclo ‘Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais’, do que esta semana se ofrecerán as dúas últimas sesións sobre cadanseu espectáculo escrito e dirixido polo dramaturgo compostelán. Este mércores 27 o programa lembrará a posta en escena de ‘Rastros’, mentres que ‘Caprice des dieux’ centrará a derradeira xornada o xoves 28. Ambas as citas terán lugar ás 19.00 horas e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 | 94 | 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal