AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

CELÉBRASE DESDE HOXE E ATA O SÁBADO 22 CUNHA FUNCIÓN DIARIA ÁS 21.00 HORAS

Comeza no Salón Teatro o XX Festival Internacional de Teatro Universitario con compañías de Galicia, Estados Unidos, Porto Rico, Lituania e Bélxica

Documento anexo[17/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) na organización do XX Festival Internacional de Teatro Universitario (FITU), para o que cede o Salón Teatro como escenario da programación que se desenvolve desde hoxe e ata o vindeiro sábado 22. Cinco compañías de Galicia, Estados Unidos, Porto Rico, Lituania e Bélxica participan nesta vixésima edición do encontro, que ofrece unha función diaria ás 21.00 horas.
O ESPECTÁCULO ‘GITA ALL’INFERNO’ REPRESÉNTASE ÁS 20.30 H NA SEDE DO CDG COMO ÚNICO DESTINO EN ESPAÑA DA SÚA XIRA PENINSULAR

O Salón Teatro ofrece este sábado a revisión contemporánea de 'A divina comedia' de Dante pola compañía italiana Akròama

Documento anexo[13/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa este sábado día 15, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago o espectáculo italiano ‘Gita all’Inferno’ a través do que a compañía sarda Akròama Teatro Stabile d’Innovazione ofrece unha revisión contemporánea de ‘A divina comedia’ de Dante.

O CDG organiza un encontro na Escola Oficial de Idiomas de Santiago co director e os actores de 'Novas diretrizes em tempos de paz'

Documento anexo[12/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou esta tarde, a través do Centro Dramático Galego e da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago, un encontro arredor do espectáculo ‘Novas diretrizes em tempos de paz’, que A Escola da Noite de Coimbra representa mañá xoves, ás 20.30 h, no Salón Teatro dentro do programa Troco x Troco de intercambio teatral con Portugal.
REPRESENTARASE ESTE XOVES 13, ÁS 20.30 HORAS

O espectáculo 'Novas diretrizes em tempos de paz' da Escola da Noite abre no Salón Teatro a segunda parte do programa Troco x Troco de intercambio con Portugal

Documento anexo[11/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta este xoves día 13 no Salón Teatro de Santiago a compañía portuguesa A Escola da Noite co seu espectáculo ‘Novas diretrizes em tempos de paz’. Con esta función do grupo de Coimbra, que terá lugar ás 20.30 horas, dá comezo a segunda quenda de programación da edición inaugural do circuíto Troco x Troco para o intercambio teatral entre Portugal e Galicia.
A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA ESTRÉASE O SÁBADO 22 DE MARZO

O Centro Dramático Galego pon en marcha un blog con motivo do inicio dos ensaios de 'Longa viaxe cara á noite'

Documento anexo[07/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou esta semana o período de ensaios de ‘Longa viaxe cara á noite’, a versión en galego da coñecida obra do estadounidense Eugene O’Neill, que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará no Salón Teatro de Santiago o sábado 22 de marzo.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 | 90 | 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal