AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O SÁBADO 10 E O DOMINGO 11, ÁS 18.00 HORAS

Bandullo Azul protagoniza no Salón Teatro unha fin de semana de humor para público familiar coa súa versión de Robinson Crusoe

Documento anexo[08/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago dúas representacións de ‘A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres’, espectáculo para público infantil e familiar de Bandullo Azul, a nova compañía dos humoristas Fran Campos e Francisco Ameixeiras. Promovidas polo Concello de Santiago de Compostela, estas funcións terán lugar o sábado 10 e o domingo 11 de maio, ás 18.00 horas.
A REPRESENTACIÓN DO CDG TERÁ LUGAR ÁS 20.30 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL

A xira de 'Longa viaxe cara á noite' recala este sábado 10 en Rianxo

Documento anexo[07/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria avanza na xira do espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) ‘Longa viaxe cara á noite’, versión galega do célebre drama autobiográfico do norteamericano Eugene O’Neill, que este sábado 10 de maio chega a Rianxo para ofrecer unha función ás 20.30 horas no Auditorio Municipal.
ESTE VENRES 9 DE MAIO, ÁS 21.00 HORAS

aCadaCanto presenta en concerto no Salón Teatro o disco no que pon voz e música a Rosalía de Castro

Documento anexo[07/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este venres 9 no Salón Teatro de Santiago o concerto no que aCadaCanto, proxecto musical de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, presenta o seu disco ‘A rosa d’Adina’ como tributo a Rosalía de Castro. A actuación, promovida polo Concello de Santiago, dará comezo ás 21.00 horas.
OS CONVITES PODEN RETIRARSE NO DESPACHO DE BILLETES

O Salón Teatro acolle a 'première' española da longametraxe galego-cubana de Maikel G. Ortiz 'Lejos de La Habana'

[03/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece mañá domingo 4 de maio no Salón Teatro de Santiago a ‘première’ en España da longametraxe de produción galego-cubana con guión e dirección de Maikel G. Ortiz ‘Lejos de La Habana’.
MAÑÁ SÁBADO 3 DE MAIO, ÁS 21.00 H

A Gallaecia Big Band estrea espectáculo no Salón Teatro con Luis Iglesia e Sito Sedes como artistas convidados

Documento anexo[02/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece mañá sábado, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela ‘Gallaecia All Stars’, o espectáculo co que a Gallaecia Big Band debuta nos escenarios tras dar o salto desde a pequena pantalla.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 | 86 | 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal