Novas
O ESPECTÁCULO REPRESENTARASE NO TEATRO NACIONAL D. MARIA II ATA O DOMINGO
[28/05/2015] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta noite á representación de ‘Xardín suspenso’ en Lisboa, un acto que pon o punto e final a dous meses de xira por Galicia. Dende o pasado marzo, o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería, levou esta montaxe -dirixida por Cándido Pazó a partir da obra do dramaturgo portugués Abel Neves- por unha decena de concellos galegos. Santiago, Narón, O Barco de Valdeorras, A Estrada, Pontevedra, Vigo, Tui, Rianxo, Ourense e A Coruña acolleron as diferentes funcións deste recoñecido drama luso.
O TEATRO NACIONAL D. MARIA II ACOLLEU A PROXECCIÓN DE 'DOENTES'
[27/05/2015] O director do Centro Dramático Galego (CDG), Manuel Guede Oliva, reivindicou en Lisboa a figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño como paradigma do diálogo cultural posible entre Galicia e Portugal. Fíxoo no marco do ciclo ‘Portugal-Galicia: escenarios para un encontro’ que a pasada noite celebrou a súa última xornada no Teatro Nacional D. Maria II (TNDMII) coa proxección de ‘Doentes’, filme dirixido por Gustavo Balza en 2011 a partir da obra homónima do autor compostelán.
SERÁ O VENRES 22 DE MAIO ÁS 21.00 HORAS
[20/05/2015] O Salón Teatro de Santiago acollerá este venres 22 de maio, ás 21.00 horas, un concerto de pop-rock a cargo de Jacobo Paz & Dos Mundos, co que se presentará en Compostela a nova plataforma galega de xestión cultural Elijomisartistas.com. O recital, que conta co apoio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, celebrarase a beneficio da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec).
ESTE VENRES 22, As 21.00 HORAS
[19/05/2015] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrecerá este venres 22, ás 21.00 horas, no Teatro Rosalía Castro da Coruña a última función en Galicia de ‘Xardín suspenso’, espectáculo que a semana que vén rematará o seu periplo en Lisboa despois de ter visitado unha decena de escenarios. Cándido Pazó é o director desta versión da obra do portugués Abel Neves, un dos dramaturgos máis recoñecidos da escena contemporánea do seu país.
MAÑÁ MÉRCORES 20 E O XOVES 21, ÁS 20.30 HORAS
[19/05/2015] A nova compañía ArtesaCía preséntase esta semana en Santiago de Compostela co seu segundo espectáculo, ‘Balor na acción dunha cadeira’, unha proposta que aborda a emigración galega de primeiros do século pasado desde unha linguaxe teatral contemporánea. Este "documental escénico", tal e como é definido polos seus creadores, abre a carteleira semanal do Salón Teatro con dúas funcións mañá mércores 20 e o xoves 21, ás 20.30 horas, que darán paso a un concerto de Jacobo Paz & Dos Mundos o venres 22 e á proxección da fita ‘O Piloto’ o sábado 23.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
| 70 |
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
| Seguintes