AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

SERÁN OS DÍAS 10, 13 E 14 DE XULLO

O Salón Teatro acolle os concertos de Roberto Oliveira, Ímpetus e Al Ayre Español dentro do Festival Via Stellae

Documento anexo[08/07/2015] O Salón Teatro de Santiago é unha das sedes da nova edición do Festival Via Stellae, dentro do que acollerá nos próximos días os concertos do percusionista Roberto Oliveira e das formacións Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid e Al Ayre Español. A Consellería de Cultura e Educación colabora así con este programa musical, que promoven e organizan o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, e que se desenvolve desde o 29 de xuño e ata o 15 de xullo en teatros, igrexas e outras localizacións singulares da cidade.
REPRESÉNTASE DESDE MAÑÁ MÉRCORES 17 ATA O DOMINGO 21

Chega ao Salón Teatro 'Bilingue', o espectáculo inaugural do 'Proxecto NÓS Territorio (es)Cénico Portugal Galicia'

Documento anexo[16/06/2015] O Salón Teatro de Santiago será o escenario da presentación en Galicia de ‘Bilingue’, primeiro espectáculo xurdido do ‘Proxecto NÓS Territorio (es)Cénico Portugal Galicia’, que se exhibirá na sede do Centro Dramático Galego (CDG) desde mañá mércores 17 e ata o domingo 21 de xuño.
'SOLO ANTE LA PELIGROS' REPRESÉMTASE MAÑÁ E O DOMINGO, ÁS 20.00 HORAS

O grupo teatral de Down Compostela regresa ao Salón Teatro para a estrea do seu novo espectáculo

Documento anexo[12/06/2015] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volve ser o escenario para a estrea dun novo espectáculo do Grupo de Teatro Down Compostela, que desta volta presenta unha particular versión do xénero western baixo o título ‘Solo ante la Peligros’. A formación dirixida por Lucas Herrador ofrecerá dúas funcións desta montaxe mañá sábado e o domingo, ás 20.00 horas.
MAÑÁ MÉRCORES 10, O XOVES 11 E O VENRES 12, RESPECTIVAMENTE. ÁS 21:00 HORAS

A música protagoniza a carteleira semanal no Salón Teatro cos concertos de Uxía e Narf, Roberto Sobrado Grupo e Carmen Boza

Documento anexo[09/06/2015] Uxía e Fran Pérez ‘Narf’ serán os encargados de abrir mañá mércores a programación musical que se desenvolverá esta semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde estrearán en directo os temas de ‘Baladas da Galiza imaxinaria’, o seu primeiro disco conxunto. Tras este concerto, o espazo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acollerá outras dúas actuacións musicais: a do Roberto Sobrado Grupo o xoves 11 e a de Carmen Boza o venres 12. As tres citas serán ás 21.00 horas.
O VENRES 5 E O SÁBADO 6 DE XUÑO, ÁS 21.00 HORAS

O espectáculo 'Amor flexible' de Redrum despídese dos escenarios con dúas derradeiras funcións no Salón Teatro

Documento anexo[03/06/2015] Redrum Teatro conclúe esta fin de semana a xira do seu espectáculo ’Amor flexible’, do que ofrecerá dúas derradeiras funcións no Salón Teatro de Santiago este venres 5 e o sábado 6, ás 21.00 horas. A sede do Centro Dramático Galego será a última parada no percorrido que a compañía compostelá vén desenvolvendo desde hai máis dun ano con esta comedia de enredo, interpretada por Mela Casal, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 | 69 | 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal