AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ÁS 20.30 HORAS no TEATRO AFUNDACIÓn

'Tartufo' avanza na súa xira cunha función este xoves día 1 en Vigo

Documento anexo[29/11/2016] O Centro Dramático Galego avanza na xira de ‘Tartufo’, a súa última produción propia, coa que chegará este xoves día 1 a Vigo para ofrecer unha función ás 20.30 horas no Teatro Afundación. O galardoado director valenciano Carles Alfaro é o responsable da posta en escena desta versión da famosa comedia de Molière, para a que contou cun equipo artístico e técnico galego.
DO 8 AO 10 DE DECEMBRO NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

O CDG e a asociación DramaturGA abordan a situación da escrita teatral galega nas xornadas Dramaturxente

Documento anexo[29/11/2016] As Xornadas sobre Dramaturxia Galega Dramaturxente reunirán do 8 ao 10 de decembro no Salón Teatro de Santiago destacados profesionais dos distintos ámbitos implicados na escrita teatral e a creación escénica. O Centro Dramático Galego (CDG) e a nova Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA organizan este encontro co obxectivo de analizar desde un punto de vista integrador a situación do sector en Galicia, ao tempo que se busca darlle unha maior visibilidade social.
NO AUDITORIO AFUNDACIÓN, ESTE VENRES 25, ÁS 20.30 HORAS

'Tartufo' chega a Pontevedra no ecuador da súa xira por nove escenarios

Documento anexo[23/11/2016] Pontevedra é a próxima parada na xira que o Centro Dramático Galego (CDG) está a desenvolver con ‘Tartufo’, a súa última produción propia, que representará o vindeiro venres 25, ás 20.30 horas, no Auditorio Afundación. A compañía pública galega entra así no ecuador do percorrido deste espectáculo por un total de nove localidades, tras a estrea e temporada de exhibición na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela.
O SÁBADO E O DOMINGO, Ás 20.30 HORAs

A xira de 'Tartufo' recala esta fin de semana na Coruña con dúas funcións no Teatro Rosalía

Documento anexo[27/10/2016] O Centro Dramático Galego (CDG) continúa desenvolvendo a xira galega do seu último espectáculo, ‘Tartufo’, que esta fin de semana chegará á Coruña para ofrecer dúas funcións no Teatro Rosalía Castro o sábado 29 e o domingo 30, ás 20.30 horas.
O ESPECTÁCULO, DE ENTRADA LIBRE, TERÄ LUGAR MAÑÁ ÁS 20.30 H EN FORMATO CONCERTO-CONVERSA

Samuel Diz, Ian Gibson e Carolina Alba conmemoran no Salón Teatro o centenario da primeira visita de Lorca a Galicia

[26/10/2016] O Salón Teatro de Santiago será mañá, ás 20.30 horas, o escenario dun espectáculo especial no que música e pensamento se unirán para conmemorar o centenario da primeira visita de Federico García Lorca a Galicia. Con tal motivo, o guitarrista Samuel Diz presentará en directo o seu traballo discográfico ‘Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca’, en diálogo co hispanista Ian Gibson, un dos maiores coñecedores da vida e obra do autor granadino.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 | 59 | 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal