AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

MAÑÁ SÁBADO, ás 20,30 H., E O DOMINGO, ÁS 18,00 H.

A compañía Xerpo chega esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago co espectáculo 'Casquería e outras vísceras'

[07/12/2018] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Xerpo Teatro, compañía residente da Sala Ingrávida do Porriño, co seu espectáculo Casquería e outras vísceras. Irene Moreira asina a dirección e dramaturxia desta montaxe, que Olga Cameselle e Álex Sobrino interpretarán na sede do Centro Dramático Galego (CDG) mañá sábado 8, ás 20,30 h., e o domingo 9, ás 18,00 h.
A AGADIC PUBLICA HOXE A CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN DE 10 ACTRICES E ACTORES

Gena Baamonde dirixirá a nova podución do CDG a partir de dúas pezas de Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte

[04/12/2018] Neorretranca e posmorriña será o título da próxima produción propia do Centro Dramático Galego, que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se se lle dá publicidade á convocatoria do proceso de selección das 10 actrices e actores que porán en escena o novo proxecto da compañía pública, con data de estrea prevista para o 11 de abril.
'FUTURO ANIMAL' REPRESÉNTASE O VENRES 30 E 'TODA A BELEZA DO MUNDO', O SÁBADO 1 E O DOMINGO 2

O circo e a danza ocupan o Salón Teatro esta fin de semana coas propostas de Twisting the Balance e María Move

[28/11/2018] O circo e a danza centrarán a programación desta fin de semana no Salón Teatro de Santiago co espectáculo Futuro animal, da compañía Twisting the Balance, e o solo coreográfico Toda a beleza do mundo, de María Move.
ENMÁRCASE EN 'D10! ENCONTRO PARA A FORMACIÓN E A INNOVACIÓN EN CIRCO'

O Centro Dramático colabora con Pistacatro para ofrecerlles aos profesionais do circo un taller a cargo de Roberto Magro

Documento anexo[19/11/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) e a compañía Pistacatro Produtora colaboran para ofrecerlles aos profesionais do circo e das artes escénicas galegas o taller O actor de circo, por un adestramento creativo, a cargo do italiano Roberto Magro. O encontro, que terá lugar os días 21 e 22 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia, será a primeiro das tres actividades formativas previstas dentro da terceira edición de D10! Encontro para a Formación e Innovación en Circo.


Do 2 AO 4 DE NOVEMBRO, CON CAPACIDADE LIMITADA A 56 BUTACAS

O Salón Teatro ofrece a estrea galega de 'Anarquismos', de Pablo Fidalgo en coprodución co CDG

Documento anexo[28/10/2018] O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) presenta a vindeira fin de semana en Santiago a estrea galega de Anarquismos (polo medio da habitación corre un río máis claro), espectáculo escrito e dirixido por Pablo Fidalgo, que se representará no Salón Teatro do 2 ao 4 de novembro, con funcións ás 20,30 h. o venres e sábado e ás 18,00 h. o domingo.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 | 41 | 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal