AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

PÉREZ&FERNÁNDEZ ATÓPASE XA NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO PARA PREPARAR A ESTREA DE ‘OS NENOS DA VARÍOLA’

O programa de residencias do CDG acolle seis compañías en dous meses para traballar nas súas novas montaxes

[17/02/2020] O programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego (CDG) mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá ata mediados de abril os equipos de seis compañías galegas para traballar nas súas novas propostas escénicas: Pérez&Fernández, Marta Alonso, La Quintana Teatro, Cámara Negra Teatro, Verdeveras Expresións Artísticas e Incendiaria.
DO 10 AO 14 DE FEBREIRO

O Salón Teatro recibe cinco espectáculos de tres países como sede do 26º Festival Internacional de Teatro Universitario da USC

[09/02/2020] O Salón Teatro de Santiago volve abrirlle as súas portas á escena universitaria como sede da 26ª edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, que organiza a Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) do luns 10 ao venres 14 de febreiro.
CÁNDIDO PAZÓ DIRIXE ESTA MONTAXE, QUE INTERPRETAN TOÑO CASAIS, DANI TRILLO E ARTUR TRILLO

Talía Teatro ocupa esta semana o Salón Teatro con catro funcións de 'Vida de cans' e pases escolares de tres espectáculos

Documento anexo[21/01/2020] A compañía galega Talía Teatro ocupa durante toda esta semana a carteleira do Salón Teatro de Santiago, onde está a desenvolver pases matinais para escolares de tres dos seus espectáculos, ademais de ter programadas catro funcións xerais dun deles, Vida de cans, que poderá verse do xoves 23 ao domingo 26.
DESDE MAÑÁ ATA O DOMINGO, NO SALÓN TEATRO

Diego Freire representa a nova versión do seu espectáculo cómico-musical 'Memorias dun ser humano disperso'

[16/01/2020] O Salón Teatro de Santiago retoma a súa actividade pública tras a programación especial de Nadal con Producións Dispersas e o seu espectáculo Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0), do que é autor e intérprete Diego Freire. Esta peza cómico-musical poderá verse desde mañá e ata o domingo na sede do Centro Dramático Galego, onde a compañía xa representou esta mesma mañá, nun pase especial para escolares, a montaxe para público infantil e familiar Tódalas marabillas do mundo.
OCUPARÁ O POSTO DE COORDINADOR DO DEPARTAMENTO DE PRODUCIÓN TEATRAL DA AGADIC, DESDE O QUE TAMÉN PLANIFICARÁ A ACTIVIDADE DO SALÓN TEATRO

O Consello Reitor da Agadic acorda a contratación de Fran Núñez como novo director do Centro Dramático Galego

Documento anexo[07/01/2020] O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Turismo, acordou a contratación do director de escena e actor vigués Fran Núñez para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, que inclúe a dirección do Centro Dramático Galego (CDG).

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 | 32 | 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal