AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O CICLO COPRODUCIDO CO CDG ENMÁRCASE NAS RESIDENCIAS ARTÍSTICAS DO GAIÁS (REGA)

'Clásicas desfeitas' baixa o pano na Cidade da Cultura cunha versión en danza das obras de Virginia Woolf, Camus e Stravinski

[28/03/2021] O ciclo 'Clásicas desfeitas' organizado pola Xunta de Galicia ofreceu hoxe no Museo Centro Gaiás a súa última peza, para a que se esgotaron todas as entradas. Os textos de 'Orlando', de Virginia Woolf; 'O mito de Sísifo' de Albert Camus; e 'A consagración da primavera' de Stravinsky inspiraron a Gena Baamonde, Rut Balbís e Manuel Lago para artellar unha versión colectiva destas obras a través da danza.
O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN, CULTURA E UNIVERSIDADE PARTICIPA NOS ACTOS CONMEMORATIVOS NO SALÓN TEATRO

A Xunta celebra co sector das artes escénicas o Día Mundial do Teatro e anuncia unha bolsa de dramaturxia e creación

Documento anexo[27/03/2021] A Xunta de Galicia celebrou hoxe co sector das artes escénicas o Día Mundial do Teatro, nun contexto especial que esixe do esforzo de todos os actores implicados, incluída a administración, tal como sinalou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. O acto desenvolveuse en Santiago, no exterior do Salón Teatro, e contou coa participación do presidente da Asociación Galega de Dramaturxia, Afonso Becerra, e a presenza da meirande parte das entidades representativas do sector en Galicia.
O traballo elaborouse ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

A Xunta achégalles a escena aos máis novos a través do recurso didáctico 'Das musas ao teatro'

Documento anexo[17/03/2021] O Centro Dramático Galego (CDG) pon á disposición dos centros educativos e da sociedade en xeral o recurso pedagóxico Das musas ao teatro. O espazo do espectáculo en Galicia, destinado a achegarlles aos máis novos a realidade da escena. Trátase dunha publicación dixital elaborada por Sheila García Prado e Ana Seoane Suárez ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.


O público achegarase ao proceso de creación dos proxectos e asistirá a unha breve representación de cada un deles

O Salón Teatro acolle unha mostra das propostas artísticas participantes no programa 'Residencias cruzadas'

[14/03/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle a vindeira semana unha mostra ao público do programa 'Residencias cruzadas', desenvolvido no espazo da Xunta ao longo de febreiro. O Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta de Galicia, promoveu esta iniciativa para dinamizar o sector escénico ante a cancelación das funcións teatrais por mor da covid-19, aglutinou nove propostas artísticas combinadas en cinco proxectos.
Hoxe desenvolveuse a sesión ‘Monetiza a túa música’, no marco do V Ciclo de Xornadas das Industrias Musicais organizado pola Xunta e a Fundación Paideia

Profesionais da música analizan no Salón Teatro a rendibilidade da distribución nas plataformas dixitais

[13/03/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolleu hoxe a primeira das sesións do V Ciclo de Xornadas das Industrias Musicais, organizado pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza. Baixo o título 'Monetiza a túa música en liña', expertos na materia abordaron as vías para rendibilizar a distribución musical a través das plataformas dixitais.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 | 25 | 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal