AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O AUTOR, SELECCIONADO ENTRE 20 CANDIDATURAS, É DRAMATURGO, NARRADOR ORAL E PROFESOR DE TEATRO E ESCRITA DRAMÁTICA

'Relato para un incendio', de Ernesto Suárez Is, gaña a primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta e o sector teatral

[30/04/2021] O proxecto 'Relato para un incendio' resultou gañador da primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta, a través do Centro Dramático Galego (CDG) e en colaboración co sector teatral. A escrita, obra do dramaturgo Ernesto Suárez Is, foi seleccionada entre un total de 20 candidaturas por unha comisión de valoración presidida polo director do CDG, Fran Núñez, que tivo en conta a fonda conexión da temática coa identidade galega e a aposta polo teatro contemporáneo e documental con base na memoria colectiva, entre outros aspectos.
NACE CDGLAB, UN ESPAZO DE ENCONTRO ENTRE A FORMACIÓN E A PROFESIÓN PARA ALUMNADO DE ARTES ESCÉNICAS

O CDG e a Escola Superior de Arte Dramática únense para reforzar a formación dos novos profesionais da escena

[27/04/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), situada en Vigo, únense na creación dun espazo de encontro entre a formación e a profesión, coa posta en marcha de CDGLab. O obxectivo é facilitarlles aos futuros profesionais da escena a adquisición de competencias máis aló das impartidas no ámbito académico, a prol da súa incorporación ao mercado laboral.
PAULA CARBALLEIRA, ESTHER CARRODEGUAS, MANUEL CORTÉS, XESÚS RON E CARLOS SANTIAGO ESCRIBIRÁN AS PEZAS PARA ESTA FICCIÓN SONORA

CDG, CDN e Chévere impulsan unha dramaturxia para o proxecto 'Dramawalker' sobre a memoria do barrio santiagúes de Vite

[25/04/2021] O proxecto de ficción sonora para a recuperación da memoria do barrio santiagués de Vite, 'Dramawalker', avanza coa selección dos contidos que serán utilizados na dramaturxia a cargo de Paula Carballeira, Esther Carrodeguas, Manuel Cortés, Carlos Santiago e Xesús Ron. Este equipo profesional de autores e autoras en galego elabora as cinco pezas previstas na iniciativa promovida polo Centro #Dramático Nacional en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) e o Grupo Chévere.
A OBRA ESTARÁ NO SALÓN TEATRO ATA O 16 DE MAIO, CON MÁIS DE 30 FUNCIÓNS, DE MÉRCORES A DOMINGO

O Centro Dramático Galego estrea este xoves 'Terceiro acto', unha reflexión sobre a última etapa da vida

Documento anexo[13/04/2021] O Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea este xoves a súa nova produción 'Terceiro acto', dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez e que reúne un elenco de rostros moi coñecidos para o público. Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha ‘Tatán’ protagonizan esta peza, que ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.
PERMANECERÁ EN CARTELEIRA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA ATA O 16 DE MAIO, CON FUNCIÓNS DE MÉRCORES A DOMINGO

O CDG ultima os ensaios da produción teatral 'Terceiro acto' para a súa estrea no Salón Teatro o 15 de abril

[29/03/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle estes días os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Terceiro acto', cuxa estrea está prevista para o 15 de abril. Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez dirixen esta peza con textos da súa autoría a partir de improvisacións co elenco, formado por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha Tatán.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 | 24 | 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal