AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

DO VENRES 6 AO DOMINGO 8

O Salón Teatro acolle a estrea de 'Run Baby Run' ao abeiro do programa de coproducións do Centro Dramático Galego

[05/10/2023] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, acolle mañá venres a estrea absoluta do espectáculo Run Baby Run, coproducido pola compañía da Xunta, o Teatro Español, Meninas Teatro e Proversus. Jana Pacheco dirixe esta obra de Fátima Delgado, que reflexiona sobre a discriminación de xénero no deporte e que poderá verse na capital de Galicia ata o vindeiro domingo como arranque dunha xira por espazos de toda España.
AS DIRECCIÓNS XERAIS DE XUVENTUDE E EMPRENDEMENTO, E A AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS PARTICIPAN NESTA NOVA INICIATIVA

A Xunta impulsará a profesionalización de grupos teatrais gañadores do programa Xuventude Crea

[26/09/2023] Ofrecerase formación e mentorizaxe para poñer en marcha unha compañía teatral. A fase de presentación de solicitudes para este programa está aberta ata o vindeiro día 2 de outubro


O SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA REUNIUSE CON PARTICIPANTES NO ENCONTOR QUE TEN LUGAR EN SANTIAGO ATÉ O DÍA 24 AO ABEIRO DO PROXECTO PHONE

O Centro Dramático Galego recibe unha ducia de directores teatrais de sete países para promover a diversidade lingüística e cultural de Europa

[23/09/2023] O evento inclúe sesións de traballo arredor das oito producións que se están a desenvolver no marco desta iniciativa, das boas prácticas na dirección escénica e da preparación doutras liñas de acción conxuntas


AS COPRODUCIÓNS DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO ‘RUN BABY RUN’ E ‘BAILAR NO CEO’ TERÁN AS SÚAS PRIMEIRAS REPRESENTACIÓNS EN OUTUBRO

O Salón Teatro acollerá dúas estreas e un encontro do proxecto Phone nunha carteleira con 17 eventos ata final de ano

[18/09/2023] O Salón Teatro converterase un outono máis nun dos epicentros culturais da capital de Galicia ao ofrecer no último cuadrimestre do ano unha carteleira que inclúe 17 eventos, entre os que se atopan as estreas teatrais de Run Baby Run e de Bailar no ceo, festivais, proxeccións e encontros internacionais. A sede do Centro Dramático Galego abriu a programación de setembro a semana pasada co XXII Festival Agustín Magán de Teatro Amador e continuará coa súa axenda entre os días 21 e 24 da man dun encontro teatral internacional no marco do proxecto europeo Phone, así como dúas citas do festival Maré nas tardes deste venres e mais do sábado.
COLABORAN TAMÉN O TEATRO NACIONAL DE CATALUÑA E O CÍRCULO DE INICIACIÓN TEATRAL DA ACADEMIA DE COÍMBRA, BAIXO A COORDINACIÓN DE A ESCOLA DA NOITE E A CENA LUSÓFONA

O CDG contribúe á recuperación do proxecto de Ricart Salvat 'Castelao e a súa época' nunha lectura dirixida por Carme Portaceli na Mostra de Teatro Galego en Coímbra

Documento anexo[05/09/2023] A Mostra de Teatro Galego en Coímbra reunirá do 28 de setembro ao 7 de outubro unha ducia de nomes propios das nosas artes escénicas arredor dun intenso programa de espectáculos, exposicións, obradoiros, relatorios, lecturas dramatizadas, unha residencia artística e unha feira do libro galego. A Xunta de Galicia colabora nesta iniciativa, coproducida pola compañía portuguesa A Escola da Noite e a asociación Cena Lusófona coa implicación de diversas institucións locais, no marco da que o Centro Dramático Galego contribúe á recuperación de Castelao e a súa época.

Anteriores | 1 2 | 3 | 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal