Uróc Teatro: Ados@dos
Dirección: Juan Margallo
Elenco: Petra Martínez e Juan Margallo
Petra Martínez e Juan Margallo chegan ao Salón Teatro co seu último espectáculo
Ados@dos, despois da súa exitosa estadía no Teatro Español de Madrid onde permaneceu en cartel durante corenta días rexistrando cheos diarios nas funcións desenvolvidas. A obra, firmada por ambos baixo o seudónimo de John Petrof, leva o selo de Uróc Teatro, a compañía que fundaron nos anos 80.
De dous en dous nun chalé de adosados viven eles, el e ela, e outros moitos dous. Estes son os máis ados@dos de todos, ata tal punto que non se podería distinguir moi ben quen é o un e a outra, ou a outra e o un, que ao non saber quen son, difícil sería saber quen se sinta á esquerda e quen á dereita do espectador.
Postos a opinar, opinan sobre todo. Sobre a emigración, sobre a seguridade, sobre os tránsfugas, sobre a política e, sobre todo, sobre o que está a ocorrer no momento: o teatro, que acostuma ser tan falso como a vida mesma...